Cursos gratuítos de manipulación de alimentos e carretilleiro/a dirixidos a persoas desempregadas

LISTADO DEFINITIVO DE PERSOAS ADMITIDAS NOS CURSOS

 

A Concellaría de Promoción e Dinamización Económica do Concello de Riveira decidiu poñer en marcha unha nova edición dos cursos de manipulación de alimentos e operador/a de carretillas elevadoras para persoas desempregadas.

Ambos os dous cursos impartiranse na aula de formación do Viveiro de Empresas do Concello de Riveira, excepto a parte práctica do curso de carretilleiro/a, que terá lugar na explanada do porto de Aguiño.

Para participar nos mesmos é necesario cumprir unha serie de requisitos: estar desempregado/a inscrito no SPEG como demandante non ocupado e, no caso do curso de carretilleiro/a, ter como mínimo 18 anos.

Xunto coa solicitude, as persoas interesadas deberán presentar fotocopia cotexada do DNI/ NIE e tarxeta de demandante de emprego, así como autorizar a consulta do empadroamento e a alta como demandante non ocupado no SPEG (ou ben, presentar a documentación correspondente).

A inscrición realizarase no Rexistro do Concello de Riveira (Oficina de Atención Cidadá) do 12 ao 14 de xullo de 2017, en horario de 9:30 a 13:30.

Hai 18 prazas dispoñibles para o curso de manipulación de alimentos e 10 para o de carretilleiro/a e a selección realizarase por orde de inscrición, tendo prioridade absoluta as persoas empadroadas no Concello de Riveira.

Para máis información, consultar as bases ou contactar co Servizo de Orientación Laboral - Viveiro de Empresas (Tlfn. 981 87 14 97).

BASES DOS CURSOS

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN NO CURSO DE CARRETILLERO

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN NO CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS.

 

cartel_mani cartel_carretilla