Degustacións de productos típicos de entroido ás portas do Mercado de Riveira

O OBRADOIRO DE COCIÑA O POTE OFRECERÁ DEGUSTACIÓNS DE PRODUTOS TÍPICOS DE ENTROIDO ÁS PORTAS DO MERCADO DE RIVEIRA

Con motivo destas datas tan sinaladas, o obradoiro de emprego sobre cociña O Pote vai ofrecer este xoves e venres sendas degustacións de produtos típicos de Entroido ás portas do mercado municipal.

Ofrecerase así unha pequena mostra da aprendizaxe que están a recibir na Escola de Hostalería os quince asistentes a este obradoiro dual de nove meses de duración promovido polo Concello de Riveira coa apoio da Xunta.

As degustacións, totalmente gratuítas, terán lugar de 11 a 12 horas.