Día Internacional contra a Violencia ás Mulleres

Co gallo de conmemorar o Día Internacional contra a Violencia ás Mulleres que se celebra o vindeiro luns 25 de novembro, o Concello de Riveira vén de organizar unha variada programación que aglutina media ducia de actividades destinadas a exaltar esta efeméride e involucrar neste cometido tanto á comunidade escolar como á poboación en xeral.