Bolsa de Emprego para a contratación dun/dunha PROFESOR/A de COMPOSICIÓN

4 Abril, 2019 — Emprego público

Convocatoria para a creación dunha BOLSA DE EMPREGO para a contratación laboral temporal dun/dunha PROFESOR/A DE MÚSICA, na especialidade de COMPOSICIÓN, para o Conservatorio Profesional de Música do Concello de Riveira.

Anuncio de convocatoria publicado no xornal “La Voz de Galicia” de data 4/04/2019.

Prazo para a presentación de solicitudes: desde o día 05 ata o día 10 de abril (ambos inclusive).