PEL-EMPREGO SUSTENTABLE: inscrición para as accións formativas do programa PEL-Emprego Sustentable no Ámbito Rural

14 Abril, 2021 — Anuncios

DESCRICIÓN

Xa está aberto o prazo de inscrición para a primeira das accións formativas encadrada nos Itinerarios de Inserción do proxecto PEL Emprego Sustentable no Ámbito Rural, cofinanciado con axudas AP-POEFE do Fondo Social Europeo e impulsado pola Deputación da Coruña.

Nome dos cursos: competencias clave nivel 2 e 3 lingua castelá e matemática.

Lugar: esta formación realizaráse en distintas localizacións da provincia da Coruña, sendo as máis cercanas a Ribeira, Padrón, Ames e Negreira.

A solicitude pode facerse vía telemática ou presencial como se detalla máis abaixo.

As Competencias clave básicas facilitan o acceso aos niveis 2 e 3 de certificados de profesionalidade do Sistema de Formación Profesional para o Emprego a desenvolver no proxecto PEL Emprego Sustentable no Ámbito rural

QUEN PODE PRESENTAR UNHA SOLICITUDE

Persoas desempregadas, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, inscritas na Oficina de Emprego que lle corresponda, e que ademais cumpran os seguintes requisitos:

  • Ter cumpridos os 16 anos de idade.
  • Estar empadroado/a en algún dos concellos do territorio do proxecto (poboación inferior a 50.000 habitantes).
  • Saber ler e escribir.
  • Pertencer a algún dos seguintes colectivos:
    • Persoas desempregadas de longa duración (PLD).
    • Xuventude menor de 30 anos non participante en accións do Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEJ).
    • Persoas maiores de 55 anos.
    • Persoas con certificado de discapacidade sen impedimento físico ou psíquico que lle impida o normal desenvolvemento das accións formativas e da profesión á que vai asociada esa formación.
    • Persoas inmigrantes.
    • Persoas pertencentes a minorías étnicas e comunidades marxinadas.
    • Outros colectivos desfavorecidos como: participantes que viven en fogares compostos dun único adulto con fillos ao seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero; vítimas de discriminación por orixe racial ou étnico, orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e ex reclusas; perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar.
    • Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos Servizos Sociais Municipais.

COMO E ONDE FACER A SOLICITUDE, PRAZO DE PRESENTACIÓN

Preferentemente de forma telemática a través do PORTELO DIXITAL do Concello de Ribeira no seguinte enlace https://ventanilla.riveira.es,  na opción TRAMITES EN LIÑA -SOLICITUDE DE CARACTER XERAL". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

Prazo de presentación: do día 15 de Abril ao 5 de Maio 2021.

PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN PARA O ACCESO Á FORMACIÓN

As fases a seguir no proceso de selección de persoas participantes e os criterios serían:

1. Inscrición e presentación de solicitudes: todas as persoas interesadas en participar deberán entregar a documentación esixida nos prazos establecidos a través da sede electrónica do concello no que estean empadroadas.

2. Baremación de criterios de carácter xeral: o persoal técnico do concello dos servizos de emprego e desenvolvemento local, e ou orientación, é o encargado de estimar ou desestimar as inscricións recibidas en función de se cumpre ou non requisitos de acceso e a documentación presentada está completa e é correcta.

Non se admitirán inscricións que non vaian acompañadas da documentación requirida ou esta non sexa lexible ou se corresponda coa información solicitada.

De entre todas as solicitudes admitidas, realizarase unha valoración conforme ao baremo establecido (Avaliación da situación de vulnerabilidade social, segundo o previsto no proxecto PEL Emprego sustentable no ámbito rural) outorgando 1 punto por cada unha das circunstancias de vulnerabilidade que reúna a persoa solicitante segundo os establecidos no apartado 2.

Reservas de prazas para mulleres:
Competencias clave de nivel 2: 21 mulleres en cada unha das 8 edicións
Competencias clave de nivel 3: 20 mulleres en cada unha das 2 edicións

3. Entrevista Persoal: valoración de 0 a 3 puntos, realizarase unha entrevista ás primeiras 10 persoas, unha vez baremada a súa situación de vulnerabilidade, e na que se valorarán aspectos tales como a motivación, a seguridade no compromiso, a non existencia de accións persoais programadas que impidan a asistencia continuada (eventos familiares, cirurxías, viaxes, etc.) adecuación do itinerario e a acción formativa solicitada a súa traxectoria formativa ou laboral, ao seu obxectivo profesional e a existencia dun proxecto de diversificación profesional coherente no seu caso.

AMBITO TERRITORIAL DE CENTROS ONDE SE IMPARTEN AS ACCIÓNS

O ámbito territorial de orixe das persoas participantes é coincidente co ámbito territorial do proxecto, no que se circunscriben todos os concellos da provincia da Coruña, excepto aqueles que teñen máis de 50.000 habitantes, A Coruña, Ferrol e Santiago.

 

ACCIÓN FORMATIVA HORAS SEDE CONCELLO
Competencias clave nivel 2: Comunicación en lingua castelá e matemática 302

ACERTA FORMACIÓN SLNE

Rúa Raíces de abaixo, 6, baixo

CEE
302

EL ÁBACO

Avenida do Xeral Vidal Ríos, 12

BAIO, ZAS
302

ENSINO SL

Av. da Habana, 119

AS PONTES
302

Escola de Finanzas S.L. (EFFUTURE)

Rúa Salvador de Madariaga, 50

OLEIROS
302

FORMA-TEC MULTISECTORIAL SLNE

Pol. Ind. Francisco Quintá, nave 26 traseira. A Picaraña

PADRÓN
302

GRUPO ATHENEA

Rúa Mediodía, 4

ORDES
302 Edificio Multiusos Praza das Universidades MELIDE
302

Casa da Cultura

Carreira de San Mauro, 11,

NEGREIRA

 

 

ACCIÓN FORMATIVA

HORAS SEDE CONCELLO
Competencias clave nivel 3: Comunicación en lingua castelá e matemática 477

Polígono Novo Milladoiro

Rúa Palmeiras 21A, Milladoiro

AMES
477

Escola de Finanzas S.L. (EFFUTURE)

Rúa Salvador de Madariaga, 50

OLEIROS

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

  • Formulario, declaración e compromiso debidamente cumprimentado e asinado  (descargar modelo).
  • Documento Nacional de Identidade (DNI) ou Número de Identificación de Estranxeiros (NIE) no seu caso (non necesario se a solicitude é telemática en nome propio).
  • Certificación emitida polo SEPE de estar inscrita como persoa desempregada.
  • No caso da mocidade (menores de 30 anos), certificado de inscrición no sistema de garantía xuvenil
  • Certificado ou Volante de empadroamento.
  • Documento acreditativo ou informe emitido polos  servizos sociais municipais que confirme a situación de vulnerabilidade, cando corresponda.
  • Documento de concesión de prestacións sociais e/ou económicas (RISGA, PNC, pensión contributiva, rendas activas de inserción, prestación por desemprego, subsidio por desemprego, etc.)
  • Certificado emitido polo SEPE de non figurar como beneficiario de prestación ou subsidio de desemprego
  • Declaración responsable da solicitante de non percibir rendas ou ingresos mensuais, iguais ou superiores ao 75% do IPREM vixente

AXUDA ECONÓMICA PARA AS PERSOAS PARTICIPANTES

As persoas participantes nos itinerarios de PEL Emprego Sustentable no Ámbito Rural terán dereito á percepción dunha axuda económica en forma de bolsa se carecen de rendas ou ingresos de calquera natureza, iguais ou superiores en cómputo mensual ao 75% do IPREM vixente cada ano, segundo o establecido na lei de Orzamentos Xerais do Estado.

Para poder percibir esta axuda, a persoa participante deberá completar o itinerario de formación, obtendo o diploma acreditativo ou o certificado de profesionalidade que corresponda, admitindo so ausencias xustificadas de ata o 10% das horas totais da duración.

No caso de ausencias superiores ao 10%, aínda que foran xustificadas, non se considerará completado o itinerario formativo e perderase o dereito á obtención da bolsa económica.

Unha vez determinado o número total de horas de asistencia de cada persoa participante, a deputación da Coruña , aboará, nun único pago, as axudas que correspondan a aquelas que completen o itinerario e cumpran os requisitos para a súa obtención.

NORMATIVA

MÁIS INFORMACIÓN

Nome: Solicitude de inscrición para as accións formativas do programa PEL-Emprego Sustentable no Ámbito Rural.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

Presencial.

https://emprego.dacoruna.gal/desempregados/quero-formarme/pel-emprego-sostible-no-ambito-rural/

https://emprego.dacoruna.gal/desempregados

https://emprego.dacoruna.gal

https://www.mptfp.gob.es/portal/politica-territorial/local/coop_econom_local_estado_fondos_europeos/fondos_europeos/2014-2020_FSE/fse_poefe.html