Programa de VIVENDAS BALEIRAS.

7 Marzo, 2018 — Anuncios

BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE VIVENDAS BALEIRAS. ANUNCIO BOP.

SOLICITUDE DE INCORPORACIÓN AO PROGRAMA.

 

Don Manuel S. Ruíz Rivas, Alcalde - Presidente do Excmo. Concello de Riveira A CORUÑA

 

FAI SABER/INFORMA:

 

Que este Concello está adherido ao PROGRAMA DE VIVENDAS BALEIRAS da Xunta de Galicia a traves dun convenio entre o IGVS e FEGAMP que se desenvolve no ámbito do Plan Galego de Rehabilitación, Aluguer e Mellora do Acceso á Vivenda 2015 – 2020 (Plan Rehavita); co obxectivo de facilitar o acceso á vivenda en réxime de arrendamento a prezo reducido e mobilizar o parque de vivendas desocupadas.

O Pleno da Corporación Municipal de Riveira con data 26 de xuño de 2017 aproba o regulamento do PROGRAMA DE VIVENDAS BALEIRAS.

A tal efecto os propietarios que así o desexen, con carácter voluntario, poderán incluír as súas vivendas baleiras no REXISTRO DE INCORPORACIÓN DE VIVENDAS ao programa, para a o seu arrendamento no marco deste programa.

Máis información na páxina web do Concello de Riveira (www.riveira.gal) nos departamentos de Atención ao Cidadá, Urbanismo ou os Servizos Sociais Comunitarios do Concello.

Riveira, 06 de marzo de 2018

O alcalde