Dous cursos sobre Redes Sociais e Instagram para negocios ofrecidos por expertas contribuirán a dinamizar o comercio local

Dentro da proposta “Ribeira, un mar de comercio” promovida polo Concello de Ribeira coa colaboración da Asociación de Empresarios, no mes de xuño van ter lugar dous cursos formativos destinados ao sector comercial do municipio por parte de prestixiosas expertas na materia: un curso de formación en redes sociais a cargo da youtuber e community manager Isa Villanueva, e outro de Instagram para Negocios por parte de Isabel Cendán (@isaxanela).

A iniciativa foi presentada  pola concelleira de Innovación Tecnolóxica, Ana Barreiro, e polo presidente da Asociación de Empresarios de Ribeira, Francisco Martínez. Enmárcase no  “Programa de Apoyo a la Competitividad del Comercio Minorista 2020” e do convenio subscrito entre o Ministerio de Industria, Comercio y Turismo y la Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de España para o “Desenvolvemento de programas de apoio á competitividade do  comercio minorista 2020”.

Tocante ao curso de Formación en Redes Sociales, a cargo de Isa Villanueva, realizarase en tres xornadas de formación presenciais en días diferentes e terá unha duración de tres horas diarias cada una delas. Ensinaranse métodos para promocionar e mellorar a imaxe de marca utilizando Instagram, Facebook, Youtube ou Canva.

Polo que se refire ao curso de Instagram para Negocios que impartirá Isabel Cendán, realizaranse dúas sesións de formación presenciais en días diferentes e terán unha duración de catro horas diarias cada una delas. Falarase de aspectos diferenciados de Instagram enfocados ás vendas online.

Reservas

A reserva das prazas poderá realizarse no correo electrónico turismo@ribeira.gal desde o 28 de maio ata o 3 de xuño.  Os cursos terán lugar na sede da Asociación de Empresarios e o número de prazas de cada curso será o estipulado segundo o aforo que marque a normativa sanitaria da COVID 19 nese momento.

A proposta foi seleccionada no marco de “PROYECTOS SINGULARES PROMOVIDOS POR TERCERAS ENTIDADES ORIENTADOS A LA MODERNIZACIÓN COMERCIAL DEL PROGRAMA DE APOYO A LA COMPETITIVIDAD DEL COMERCIO MINORISTA 2020” no que Concello de Ribeira e a Cámara de Comercio de España firmaron un convenio de colaboración cunha porcentaxe de cofinanciación mínima do 80% de Fondos FEDER.

Este convenio facilita un estímulo para a continuidade e estabilidade na formación e na profesionalización do sector que redunda positivamente no comercio local.