Espazo Xuvenil Riveira 2018

PROGRAMA

Espazo Xuvenil

A partir do día 5 de outubro, venres, sábados e domingos de 17.00 a 22.00 h

O 5 de outubro ponse en marcha o novo programa Espazo Xuvenil, polo que o segundo andar do edificio do mercado municipal transfórmase nun lugar de encontro para os mozos a mozas de 14 a 19 anos equipado con conexión Wifi, ordenadores, pantalla, proxector, xogos, set de Dj...

Abrirá gratuitamente todos os venres, sábados e domingos, de 17 a 22 horas.

No mes de outubro, Espazo Xuvenil albergará charlas e proxeccións de cine, sesións didácticas de DJ e obradoiro de escultura.

Haberá ademais unha caixa de suxestións para que calquera asistente poida aportar a súa ideas sobre novas iniciativas que se poidan organizar neste espazo. Coas mellores vistas de Riveira!