Exposición “Os mundos de Carlos Casares”

A mostra pecha o domingo 3 de setembro

 

MÁIS DE 600 PERSOAS VISITARON EN RIVEIRA A EXPOSICIÓN SOBRE CARLOS CASARES

 

A falla de dous días para que peche as súas portas a exposición titulada “Os mundos de Carlos Casares”, que se exhibe no Auditorio Municipal de Riveira, foron máis de 600 as persoas que pasaron pola planta alta desta instalación para disfrutar dunha viaxe pola obra, a vida e o tempo do escritor, figura central para a cultura galega no final do século XX:

 

Integrada por materiais audiovisuais, obxectos persoais, imaxes inéditas e documentos históricos, a mostra ofreceu tamén diversas actividades complementarias para dar a coñecer mellor a figura do autor como a charla do seu amigo o caricaturista Siro López ou diversas funcións infantís de contacontos por Polo Correo do Vento, María Estévez e Paula Carballeira.

 

“Os mundos de Carlos Casares” é a exposición central organizada pola Fundación Carlos Casares no ano no que se lle dedica ao escritor o Día das Letras Galegas. Comisariada por Gustavo Adolfo Garrido (secretario da Fundación) e Chus Martínez Domínguez, a exposición reestrutura e amplía outra mostra que se puido ver en varios puntos de Galicia entre os anos 2003 e 2012.

 

Conta con soporte audiovisual, ademais de paneis textuais explicativos, obxectos cotiáns, documentos e pezas históricas e fotografías orixinais, encadrados nun fondo histórico que permite coñecer mellor a época que lle tocou vivir a Casares.

 

A exposición pasou ao longo do ano 2017 por varias cidades galegas, como Ourense, Coruña, Santiago de Compostela, e permañecerá como exposición permanente na vila do autor Xinzo de Limia ao rematar o ano.

 

casares_1_modi

 

casares_2_modi