Exposición “Os mundos de Carlos Casares”

Exposición “Os mundos de Carlos Casares”

Lugar: Auditorio Municipal (1º andar)

Datas: do 28 de xullo ao 3 de setembro (domingos pechado) / Horas: 11 a 14 h e de 19 a 21 h

Visitas guiadas á exposición (Servizo de Normalización Lingüística)

Datas: de luns a venres / Horas: 11 a 14 h (comezo ás horas en punto)

Dirixido a: todos os públicos.

 

Actividades infantís no marco da exposición “Os mundos de Carlos Casares”:

 

“Clesacontos”. Contacontos de Polo Correo do Vento

Lugar: Auditorio Municipal (1º andar)

Data: 25 de agosto, venres / Hora: ás 12.00 h

Dirixido a: nenos e nenas de 3 a 12 anos coas súas familias.

Neste contacontos o público coñecerá a importancia do sector lácteo galego e mais... de onde veñen os iogures! Ao rematar os nenos e nenas debuxarán e terán agasallos varios.

 

Actividade: “Volcán, o cabalo salvaxe da Illa de Sálvora”. Contacontos de Paula Carballeira

Lugar: Auditorio Municipal (1º andar)

Data: 26 de agosto, sábado / Hora: ás 12.00 h

Dirixido a: nenos e nenas de 3 a 12 anos coas súas familias

A contadora e escritora, Paula Carballeira, vén de publicar un libro con este título e no Auditorio contará quen é Volcán, o cabalo do Parque Nacional das illas Atlánticas, e outras historias. Esta é a última das accións paralelas á exposición sobre Casares que se desenvolveron ao longo de todo o mes, e que mellor homenaxe ao autor e editor que escoitar esta nova historia en galego dirixida ao público infantil.

 

 

programa_modi

 

cartel_paula_carballeira_volcan_ribeira_2017_modi

 

 

cartel_polo_correo_clesacontos_ribeira_2017_modi