Exposicións na Casa Consistorial e no C.C. Lustres Rivas.

A OBRA DE JOAN MIRÓ RECALA NA CASA CONSISTORIAL

Co fin de dar a coñecer a riqueza dos fondos do Museo do Gravado de Artes, o Concello de Riveira acaba de abrir unha nova liña expositiva no Consistorio local para que os veciños do municipio poidan contemplar o capital artístico desta institución museística sen necesidade de desprazarse ás súas instalacións no lugar de Outeiro.

Así,  tivo lugar a apertura dunha mostra dedicada a Joan Miró na que se exhiben medio cento de láminas do autor, das cales unha trintena están conformadas por litografías dedicadas a diversas actividades culturais, tales como exposicións, presentacións literarias, xornadas musicais ou acontecementos deportivos como o Mundial de Fútbol de 1982 ou a Volta Ciclista á España.

A outra vintena de gravados está formada polas ilustracións que o creador catalán efectuou sobre a o libro Femmes do escritor francés Claude Simon, premio Nobel de Literatura.

Visitas guiadas

O acto de apertura contou coa participación do alcalde Manuel Ruiz, de María José Carreira como comisaria da mostra e do director do museo de Artes, Pastor Rodríguez. Como novidade respecto ás exposicións celebradas con anterioridade no Consistorio Municipal, vanse organizar visitas guiadas cada mércores ás 12 do mediodía. Os interesados poden apuntarse enviando un correo electrónico ao enderezo oac@riveira.com ou ben chamando ao número 981 871 050. A primeira visita, pasado mañá, terá como guía ao pintor de Aguiño Manuel Ayaso.

“Joán Miró” permanecerá na Casa do Concello ata o 12 de xaneiro e pode ser visitada de luns a venres de 8 a 15 horas.

 

"SENTIMENTOS CROMÁTICOS" DE RAMÓN ALEGRE NO C.C. LUSTRES RIVAS