Fiestra da Cultura 2017

Unha trintena de eventos de todo tipo van animar o verán no municipio de Riveira cunha nova edición da Fiestra da Cultura: unha programación que foi presentada hoxe pola concelleira de Educación e Cultura, Herminia Pouso.

Concertos, exposicións, monólogos, sesións de cine, contacontos, festas, festivais de baile e moitras outras accións integran esta proposta, promovida polo Concello coa colaboración da Deputación, a Concellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta e o tecido asociativo.

 

fiestra1 fiestra2