Fiestra da Cultura Riveira 2019

PROGRAMACIÓN

 

Un total de trinta citas integrarán a programación da Fiestra da Cultura que se desenvolverá durante este verán entre o 6 de xullo e o 13 de setembro. A concelleira de Cultura, María Sampedro, xunto cos técnicos Unai González e Sandra Sampedro, presentou  tan extenso calendario que incluirá concertos, actuacións cómicas, cine ao aire libre, contacontos, etc., convertendo Riveira e as súas parroquias nun gran escaparate cultural durante toda a tempada estival.

Algunhas das convocatorias están organizadas directamente pola concellería de Cultura (en ocasións, en colaboración coa Deputación ou a Consellería de Cultura da Xunta) mentres que outras están promovidas polo tecido asociativo a través de colectivos como Haveira, Alfaia, a parroquia de Santa uxía ou a Real e Ilustre Cofradía da Dorna.