II Carreira Popular de Corrubedo

Este sábado 15 de agosto terá lugar na localidade de Corrubedo a segunda edición da súa carreira popular: unha iniciativa organizada pola asociación O Cabo en colaboración co Concello de Riveira que está chamada a repetir as boas cifras de participación da súa convocatoria inaugural.

O prazo de inscripción foi ampliado e remata á medianoite do xoves para venres. As inscricións (xa hai máis de 300) deberán ter lugar no sitio http://corrubedo.galitiming.com/, sendo o prezo de 6 euros para a categoría absoluta e gratis para as modalidades inferiores.

A proba absoluta (para xuvenís, élite e veteráns A, B e C) arrancará ás 10 horas dende a zona portuaria para completar un itinerario de 11.300 metros de lonxitude que atravesará na súa maior parte a ruta de sendeirismo circular existente na parroquia, visitando lugares como o nucleo histórico, o parco dunar, O Corgo, Balieiros ou o entorno do faro de Corrubedo. Non obstante, o lume do pasado sábado obrigará a facer pequenas variacións no traxecto no entorno de Espiñeirido. Os vencedores do ano pasado foron Pedro Nimo e Priscila Suárez.

Tamén as categorías inferiores terán oportunidade de disputar traxectos máis curtos. Aqueles cunha idade de 12 a 15 anos terán un percorrido de 2.500 metros (hora de inicio prevista: 12:20h); os de 9 a 11, de 1.200 metros ( 12:40h); os de 6 a 9 anos, 200 metros (12:55h) e os de 9 a 5 anos, 100 metros (13.10h). A entrega de trofeos está programada para as 13.20 horas.

 

cartel_corrubedo