Itinerario de prácticas profesionais en empresas

ITINERARIO DE PRÁCTICAS PROFESIONAIS EN EMPRESAS

A Deputación Provincial da Coruña, dentro do Plan de Emprego Local e o Proxecto Eixo, oferta un itinerario formativo para mozos e mozas menores de 30 anos inscritos no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil que busquen a adquisición de práctica profesional relacionada cos seus estudos.

Requisitos:

  • Ter cumpridos 16 anos e menos de 30.
  • Estar empadroado/a no concello de Riveira (as persoas doutros concellos poden preguntar no departamento de emprego do seu concello).
  • Estar inscrito/a na Oficina de Emprego (demandante de emprego).
  • Estar rexistrado/a no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (en situación de alta)
  • Ter estudos: titulación de técnico ou técnico superior de FP, certificado de profesionalidade de nivel 3, Diplomatura, Licenciatura ou Grao Universitario.
  • Carecer de experiencia laboral relacionada cos estudos.

O itinerario formativo conta cunha duración de 760 horas de prácticas (sobre 6 meses) e 370 horas de formación transversal e complementaria:

  • Titorías: 30 horas.
  • Igualdade de oportunidades: 20 horas.
  • Lingua estranxeira (inglés): 200 horas.
  • Novas tecnoloxías: 20 horas.
  • Orientación: 70 horas.
  • Orientación ao sector profesional específico: 30 horas.

A realización das prácticas localizarase nos centros de traballo onde se ubiquen as empresas e/ou entidades públicas que se adhiran ao itinerario e formalicen un acordo de prácticas.

Se houbese máis dunha persoa candidata por concello faríase unha selección para ordenalas por orde de prioridade.

Prazo e lugar de preinscrición: ata o de 18 de decembro ás 14:00 horas no Servizo de Orientación Laboral do Concello de Riveira (Lugar de Fafián, 29 – 15960 Riveira (Viveiro de Empresas)

 Máis información: