Luz verde para que os técnicos poidan traballar na redacción do plan ambiental estratéxico do novo polígono industrial.

A Corporación Municipal dou luz verde no capítulo de mocións de urxencia debatidas no pleno do pasado luns a un novo trámite que permitirá seguir avanzando na consecución do novo chan industrial para Riveira.

Neste senso, todos os grupos da Corporación deron a súa aquiescencia a que os técnicos redactores do proxecto sigan traballando no mesmo sobre a última das localizacións xeográficas propostas: localización que, cómpre advertir para ser precisos, é coñecida polos veciños como Fontenla, unha zona situado xusto a carón de Pedras Vermellas. Agora, o próximo paso a dar vai ser a redacción do obrigatorio do Plan Ambiental Estratéxico antes de proceder a modificación puntual do PXOM.

Estudo topográfico

Por outra parte, cómpre informar tamén de que xa culminou o estudo topográfico encargado e unha primeira aproximación a partir dos resultados deste estudo permite establecer unha superficie total de 268.000 metros cadrados, da cal para uso industrial estarían destinados 160.000 metros cadrados (as naves estarían dispostas de forma pareada, adosada ou de forma aillada, con volumes que poderían ir entre os 350 e máis de 12.000 metros cadrados, segundo as estimacións), en tanto que 70.000 metros estarían conformados por espazos libres e equipamentos, e 38.000 metros cadrados por infraestruturas viarias.

Hai que resaltar as boas conexións da zona en estudo, con entradas tanto dende a autovía da Barbanza na súa saída de Palmeira (punto quilométrico 38) como dende a estrada AC-302 que une A Pobra coa AC 550 pasando por Moldes.

 

zona_modi

 

 

 

 

zona_2_modi