Matrícula para NOVO INGRESO na Escola Municipal Infantil de Ribeira

SOLICITUDE DE NOVO INGRESO NA ESCOLA MUNICIPAL INFANTIL

 

Dende o luns 22 de marzo ata o venres 23 de abril estará aberto o prazo para solicitar matrícula para o curso 2021-2022 para  a Escola Infantil Municipal.

Os impresos para solicitude de matrícula novo ingreso (curso 2021-2022) poderán descargarse da web municipal www.ribeira.gal  ou  tamén recollerse na Oficina de Atención Cidadá da Casa do Concello ou no Departamento de Servizos Sociais Comunitarios (praza 8 de marzo, baixo).

Para máis información cómpre dirixirse ao Departameto de Servizos Sociais Comunitarios de modo presencial ou chamando aos teléfonos 981377510 ou  981874131, de luns a venres de 9:00 a 13:00 horas.