Mellora da accesibilidade no Conservatorio Municipal de Riveira.

O Concello de Riveira foi beneficiario dunha subvención ao abeiro da ORDE do 21 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos galegos, destinadas á mellora da accesibilidade nos edificios e espazos de uso público, cofinanciadas polo programa operativo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Galicia 2014- 2020, anos 2016 e 2017, para o proxecto “Mellora da accesibilidade no Conservatorio municipal de Riveira: instalación de ascensor”.

Con esta actuación preténdese garantir a accesibilidade e eliminar barreiras arquitectónicas existentes no Conservatorio municipal mediante a instalación dun ascensor que permita mellorar a comunicación vertical do edificio, axustándoo á normativa de accesibilidade vixente, cumprindo deste modo os obxectivos previstos para este financiamento.

 

ascensor