Na Butaca

 

O AUDITORIO ACOLLERÁ UNHA FUNCIÓN TEATRAL SOLIDARIA COS ENFERMOS DE ALZHEIMER

 

O Auditorio Municipal de Riveira via dar cabida o vindeiro 1 de outubro a unha actuación teatral que terá carácter benéfico a favor da asociación AGADEA (Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer).

 

A actuación titúlase “Na Butaca” e correrá a cargo da compañía ButacaZero. Dita obra aborda de maneira poética o tema do esquecemento como doenza tipo alzheimer que adoita instalarse nas mentes de persoas con certa idade. A función achéganos a unha realidade que por veces nos amosa paz e outras anguria, felicidade ou rabia.  Principiará ás 20.30 horas.

 

A entrada terá un custe de 5 euros a beneficio de Agadea. Tamén se habilitará unha fila cero.

cartel_2_modi

 

cartel_modi