Nova oportunidade para ocupar 3 postos da primeira planta e o restaurante do novo Mercado Municipal de Riveira.

O Concello informa da apertura dun novo prazo para sacar a licitación tres dos catro postos da segunda planta ademais do restaurante que ocupará o terceiro andar e a terraza.

Así, tal e como sae anunciado hoxe no Boletín Oficial da Provincia, os interesados dispoñen de 30 días naturais para presentar as súas ofertas.

O prazo de concesión dos postos ou locais será de 30 anos, prorrogable por outros cinco. O procedemento é aberto con multiplicidade de criterios de adxudicación e a tramitación, ordinaria.

VER INFORMACIÓN SOBRE OS POSTOS E O CANON DE LICITACIÓN.

Cómpre lembrar que no anterior proceso de licitación emprendido unicamente se ocupou un dos postos licitados (o destinado a panadería na primeira planta) debido a defectos de forma no resto das propostas presentadas (tres). Agora hai unha nova oportunidade para os interesados.

 

nova_licitacion