O Concello asina un convenio co Museo Etnográfico de Artes para axudar a divulgar o noso patrimonio tradicional

Concello de Riveira e Museo Etnográfico de Artes subscribiron un convenio de colaboración co fin de axudar a impulsar e favorecer os obxectivos desta entidade cultural no ánimo de dar a coñecer o noso patrimonio tradicional.
Neste senso, en virtude do acordo rubricado polo alcalde Manuel Ruiz e por Manuel Reiriz como representante do museo, a administración local subvenciona con 13.000 euros a esta entidade para que se siga posicionando como referente para o coñecemento da historia e a vida cotiá do noso municipio e promover a súa divulgación a través de todo tipo de accións como a confección de material divulgativo ou a celebración de visitas escolares.
Situado no lugar de Sego, o Museo Etnográfico de Artes foi inaugurado en 1998 e representa un espazo de convivencia cultural e contribúe a protexer o patrimonio cultural local. Recolle unha ampla colección de máis dun milleiro de pezas que ten por obxectivo o estudo e descrición de oficios tradicionais e artesanais da comarca.

etnografico_modi