O Concello avanza na tramitación da ampliación do chan industrial e concederá incentivos fiscais aos futuros usuarios

 

O Concello segue a cumprimentar trámites cara a ampliación do novo chan industrial de Riveira e onte mesmo foron remitidos á Consellería de Medio Ambiente dous documentos esenciais na consecución deste obxectivo: a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU) e o documento ambiental estratéxico. Así llelo trasladou esta mañá en xunta de voceiros o alcalde Manuel Ruiz aos grupos municipais.

 

A este respecto, cómpre destacar que a Lei do Solo permite tramitar simultaneamente ambos procedementos. Así, como próximo paso, a Consellería de Medio Ambiente vai someter toda esta documentación a consultas do órgano competente en materia de urbanismo, das demais administracións públicas afectadas e das persoas interesadas para que no prazo de dous meses se pronuncien ao respecto. Realizadas tales consultas, a citada Consellería disporá doutros dous meses máis para formular o documento de alcance do estudo ambiental estratéxico.

 

Os terreos nos que o Concello pretende situar o novo polígono industrial están situados no lugar coñecido como Fontenla, na parroquia de Oleiros. Segundo o estudo efectuado, a súa superficie  alcanzaría os 270.000 metros cadrados, dos cales 159.000 irían destinados a uso industrial, 1.150 a equipamentos, 62.800 a espazos libres, 439 a servizos urbanos e 35.400 ao sistema viario.

 

En canto á modificación do PXOU, altera as cualificacións urbanísticas dos terreos industriais de Couso pola incidencia do Plan de Ordenación do Litoral (POL) e da ampliación de Xarás cara Oleiros, onde se reserva unha zona de 20.000 metros cadrados para uso dotacional na antiga canteira.

 

Concello Doing Business

Noutra orde de cousas, e co obxectivo principal de estimular a ocupación do futuro polígono, o Concello está a traballar tamén na concesión de incentivos fiscais aos futuros usuarios e, con tal obxecto, se vai someter á aprobación do pleno a constitución de

 

Fontenla_modi