O Concello celebrará o Día das Artes Galegas cunha exposición na biblioteca e unha actuación teatral sobre Maruja Mallo.

O Concello de Riveira vai conmemorar o Día das Artes Galegas que este ano estará dedicado a Maruja Mallo (Viveiro , 1902- Madrid, 1995) a través de dous eventos postos en marcha polas áreas municipais de Cultura e Educación, ambas baixo a responsabilidade da edil Herminia Pouso.

Así, este venres 31 de marzo, ás 21.30 horas no Auditorio de Riveira terá lugar unha representación teatral titulada “Mensaxe do Mar” a cargo da compañía Fantoches Baj, sobre a vida da pintora galega que servirá tamén para homenaxear o Dia do Teatro (27 de marzo). Nobra os actores representarán a Maruja Mallo pero tamén a Pablo Neruda e Federico García Lorca, intelectuais coetáneos á pintora e que tiveron estreita e intensa relación coa creadora galega, sen dúbida unha grande obra de teatro, cunha duración de 70 minutos, e recomendada para maiores de 12 anos.

[Sipnose da obra: En 1961 Maruxa Mallo regresa do exilio en Bos Aires para realizar, en Madrid, unha exposición individual 25 anos despois da última vez que amosara a súa obra en España. Mensaxe do Mar é o discurso de inauguración, onírico e irreal, daquela exposición no que Maruxa repasa a súa traxectoria pictórica ao tempo que os espectros da memoria, Lorca e Neruda, se lle aparecen para narrar con ela unha historia conxunta.]

A entrada será como sempre gratuíta ata encher aforo e poderase recoller no propio auditorio ½ h antes da función.

40 volumes

E por outra banda, a Biblioteca Local de Riveira vai dar cabida entre o 1 e o 30 de abril a unha exposición integrada por 40 volumes nos que se reflicte a traxectoria biográfica, artística e intelectual dunha das máis senlleiras creadoras e renovadoras da nosa plástica, acompañados de varios textos explicativos creados ao efecto.

cartel_teatro17

 

cartel_dia_artes17