A Concellería de Cultura de Ribeira organiza para este entroido un concurso de máscaras virtual destinado a nenos e nenas con idades entre os 3 e os 13 anos, ambas inclusive.
Dadas os condicionantes da pandemia, para impulsar esta iniciativa recórrese á páxina de Facebook de Entérate de Cultura tal e como se fixo en certames anteriores tales como os concursos de Nadal ou o de Animarte na Casa.
Así, os nenos e nenas deberán deseñar a súa máscara, antifaz ou careta de Entroido, sacar unha foto con ela posta e subila ao Facebook etiquietando a EntérateCulturaFestexosXuventude incluíndo o hastag #EntroidoRibeira 2021. Os participantes entrarán nun sorteo de 6 vales de compras en xoguetes por importe de 50 euros cada un.
O concurso abarcará dende o 13 ata o 21 de febreiro.
BASES REGULADORAS DO CONCURSO DE MÁSCARAS DE ENTROIDO