O Concello de Ribeira organiza unha campaña telemática contra a Violencia de Xénero coa vocación de implicar a toda a cidadanía.

O Concello de Ribeira xa está inmerso na programación dos actos conmemorativos do Dia Contra a Violencia de Xénero, na que a celebración de actos de carácter non presencial gañan espazo por mor dos condicionantes da pandemia. Así, unha campaña telemática contra a violencia de xénero que nace coa vocación de implicar a toda a cidadanía que o desexe e un concurso de poesía urbana dirixida á mocidade eríxense en dous dos principais eventos conmemorativos, amén doutras actividades presenciais como a colocación dun stand de Agresións Off no aparcadoiro de Coroso, entrega de premios do concurso de poesía urbana nun miniPoetrySlam e co recital de Lúa Mosquetera no Auditorio Municipal ou a lectura dun manifesto institucional no propio 25-N.

A concelleira de Igualdade,  Ana Ruiz, e a directora do Centro de Información á Muller, Dolores Crujeiras, foron as encargadas de presentar este programa:

  1. CAMPAÑA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO CON IMPLICACIÓN DA CIDADANÍA RIBEIRENSE

Baixo o lema “RIBEIRA di NON á violencia de xénero” implicarase por un lado, a diferentes personalidades e referentes ribeirenses en distintos ámbitos cidadás e, por outro a toda a cidadanía que decida sumarse, achegando unha foto súa (individual ou en grupo) mostrando un cartel co citado lema. Darase difusión do resultado tanto en espazos municipais físicos como virtuais (páxina web, redes sociais, pantallas informativas).

Para participar cómpre enviar a ribeiradinonvx@ribeira.gal unha foto en branco e negro delas mesmas cun cartel nas mans co lema “Eu tamén digo non á violencia de xénero”. Poderase acceder a este cartel a través da web do Concello onde se colgará en formato pdf, aínda que tamén pode ser elaborado de forma artesanal. DESCARGAR AQUÍ

Ademais destes cartaces, a campaña apoiarase doutro material de merchandising que se distribuirá:  200 mascariñas moradas co lema “Ribeira di NON á Violencia de Xénero”.

  1. CONCURSO DE POESÍA URBANA POLA IGUALDADE E CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

 Nesta edición proponse a participación da mocidade nun concurso de poesía urbana contra a violencia de xénero, suxeito ás seguinte bases:

  1. Poderán participar todas as persoas de entre 12 e 25 anos do Concello de Ribeira que así o desexen. Cada participante poderá enviar un máximo de tres poemas.
  2. Os poemas deberán ser remitidos xunto coa ficha de inscrición ao Rexistro Xeral do Concello de Ribeira (Praza do Concello, 15960 Ribeira – A Coruña) dentro dun sobre pechado, no que figurará I Concurso de Poesía Urbana pola Igualdade e contra a violencia de xénero Concello de Ribeira; tamén poderán enviarse por correo electrónico a ribeiradinonvx@ribeira.gal, nun arquivo o poema e noutro a ficha de inscrición, indicando no asunto I Concurso de Poesía Urbana pola Igualdade e contra a violencia de xénero Concello de Ribeira.
  3. A temática á que deben axustarse os traballos é a igualdade de xénero, as desigualdades e discriminacións de xénero, a violencia de xénero nas súas diferentes vertentes e as súas consecuencias.
  4. Os traballos presentaranse en galego ou castelán e terán unha extensión máxima dun folio, escrito por unha soa cara a dobre espazo, preferiblemente en letra Arial,tamaño 12 e formato DIN A4.
  5. Todos os traballos que se presenten deberán ser orixinais e inéditos.
  6. Os criterios de valoración para elixir ás persoas premiadas serán os seguintes:
  • Contido e tratamento do tema (ata 4 puntos),
  • Creatividade e orixinalidade (ata 3 puntos),
  • Expresión e presentación en xeral (ata 3 puntos).
  1. O prazo para a presentación dos poemas rematará o venres 20 de novembro.
  2. As bases estarán dispoñibles na web http://www.ribeira.gal/servizos/centro-de-informacion-a-muller/
  3. A organización do concurso procederá á preselección de oito poemas. Os orixinais quedarán en poder do Centro de Información á Muller, que se reserva o dereito para a súa publicación, exposición, doazón…, ou calquera outro tratamento posterior, sempre sen ánimo de lucro.
  4. Dos oito poemas preseleccionados, un xurado, composto por representantes políticos, persoal técnico municipal e persoas expertas na materia, presidido pola Concelleira de Igualdade, ou persoa en quen delegue, valorará entre 1 e 10 puntos cad aun dos poemas atendendo aos criterios de valoración recollidos no punto 6. Entre os mellor puntuados decidirá cales son os dous gañadores.

O fallo do xurado farase público no acto do entrega de premios, o día 26 de novembro (sempre que a situación sanitaria o permita), e posteriormente na web do Concello de Ribeira.

  1. Os premios outorgaranse en especie e consistirán nun diploma acreditativo e os seguintes premios:
  • 1º premio: E-book (libro electrónico)
  • 2º premio: Altofalante bluetooth
  1. Sempre que a situación sanitaria o permita, os premios entregaranse en acto público ao que deberán asistir, se é posible, as persoas gañadoras, que serán avisadas con antelación. Os premios poderán ser declarados desertos e o fallo do xurado será inapelable.

 

  1. ACTIVIDADES CONMEMORATIVAS DO 25N.
  • 17 de novembro.Colocación dun stand Agresións Off no aparcamento da Praia de Coroso, dirixido ao alumnado de Bacharelato e Ciclos Formativos dos centro educativos: IES Nº1 e CIFP Coroso.
  • 19 de novembro. Espectáculo Arrieiras no Auditorio Municipal aberto ao público.
  • 25 de novembro. Acto institucional na Praza do Concello de acordo co seguinte horario:
  • 10:00 a 13:00 horas: Actividade Fagámolas visibles.
  • 13:00 horas. Acto institucional:
  • Lectura dun manifesto institucional polo Alcalde de Ribeira.
  • Garda dun minuto de silencio polas mulleres vítimas de violencia de xénero durante o ano 2020.
  • 26 de novembro. No Auditorio Municipal, entrega de premios do concurso de poesía urbana nun miniPoetrySlam e co recital de Lúa Mosquetera.

BASES DO 1º CONCURSO DE POESÍA URBANA POLA IGUALDADE E CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

POEMA GAÑADOR DO CONCURSO

 

ACTIVIDADES CONMEMORATIVAS DO 25N.