O Concello de Riveira reforzará a recollida selectiva no municipio con novos contenedores

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia comunicou ao Concello de Riveira unha achega de 11.400 euros para poder mellorar o proceso de recollida selectiva do municipio, froito do convenio marco subscrito por este departamento autonómico con Ecoembrs para a xestión de residuos de envases.

Esta cantidade económica (5.700 euros en cada tipo de equipamento) vaise traducir na nova incorporación de 40 contedores de papel-cartón e de 45 contedores de envases lixeiros, o que permitirá seguir mellorando a recollida selectiva e aumentando as taxas de reciclaxe, cos beneficios ambientais, económicos e sociais que isto conleva.

O proceso de compra foi realizado pola empresa adxudicataria do servizo municipal de limpeza, Recolte. Actualmente os contedores están en proceso de fabricación.

recollida_selectiva_modi