O Concello licita a concesión de tres postos da primeira planta do Mercado Municipal.

O Concello de Riveira volve a sacar a concesión tres postos enclavados no primeiro andar do mercado municipal, logo de que quedasen desertos nas dúas primeiras licitacións impulsadas o ano pasado.

Estes postos, cuxa actividade principal debe ser comercial ou hostaleira, son os que se corresponden cos número 22 (4 m2), 24 (11,85m2) e 25 (43,06m2) segundo se pode comprobar no correspondente anuncio oficial publicado no BOP (http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/01/12/2018_0000000144.html). O prazo de presentación de ofertas é de 30 días e o procedemento aberto con multiplicidade de criterios de adxudicación e tramitación ordinaria.

De resultas das dúas licitacións anteriores xa foron adxudicados os postos número 23, que tamén está situado na primeira planta e exercerá como panadería, e 26, que inclúe o terceira andar e a terraza para desempeñar servizos de restaurante.

Adaptación de espazos

Cómpre informar tamén de que concluíron as obras destinadas a adaptar as dúas primeiras plantas da nova infraestrutura municipal. Neste senso, no primeiro andar demoléronse os tabiques provisionais creando catro recintos (un por posto) coas súas correspondentes instalacións de fontanería e electricidade.

Tamén se demoleron os tabiques existentes na segunda planta, que estará orientada a servir como espazo de formación hostaleira.

Esta actuación foi realizada por Construcciones Domínguez Arias e Hijos, S.L., por un importe de 38.673 euros, IVE incluído.