O Concello mellorará a rede de pluviais do barrio de Cubeliños en Riveira

O Concello de Riveira vai executar unha nova actuación destinada a mellorar a rede de augas pluviais no barrio de Cubeliños en Santa Uxía de Riveira.

Con tal motivo, acaba de adxudicar unha obra dirixida á instalación de 375 metros de tubaxe nunha zona que carece de canalización para pluviais, motivo polo cal as augas de chuvia descorren pola superficie do vial e incluso chegan a invadir fincas das marxes cando son torrenciais.

A actuación foi adxudicada á empresa Marqués de Marancán, S.L., por un importe de 36.098,80 euros, IVE incluído. O prazo de execución son dous meses.

Cubeliños_1_modi Cubeliños_2_modi