O Concello pon en valor o Miradoiro dos Castelos co seu acondicionamento integral.

O Concello de Riveira vén de levar a cabo unha actuación para o acondicionamento do miradoiro dos Castelos, situado na parroquia de Aguiño.

A actuación, que foi feita pola Brigada Municipal de Obras, incluíu a instalación de dous bancos no alto dunha das características grandes rochas deste enclave rodeados por unha varanda, así como a disposición de dous mesas de madeira no entorno cos seus correspondentes bancos e a creación dun pequeno vial de acceso feito en zahorra con marxes de madeira.

Cómpre lembrar tamén que na pasada primavera foron pavimentadas con aglomerado asfáltico 95 metros lineais do camiño conducente ao miradoiro dende a estrada da Graña: unha actuación esta última realizada pola empresa Eulogio Viñal.

Se ben non tan coñecido como os miradoiros de Pedra da Ra ou do monte de San Alberte, o dos Castelos posúe unha das máis fermosas panorámicas do municipio, con fermosas vistas ao parque natural de Corrubedo e á ría de Arousa e illa de Sálvora.

 

 

castelos_1_modi

castelos_2_modi

 

castelos_3_modi