Obradoiro “Verán en Danza” Riveira 2018.

IMPRESO DE MATRÍCULA

ANEXO DE MATRÍCULA

 

Período de Matrícula Do 26 ao 29 de xuño de 2018.

Cubrindo o Formulario ON-LINE  e  autorización de conta

Páxina web oficial do Concello de Riveira :  www.riveira.gal

a partir do martes  26 de xuño, ás 10 h ata as  29 de xuño ás 10 h  

Ou no Conservatorio Municipal de Música de Riveira

10 a 13h  de luns a venres.

Información: 981 873204 – danza@riveira.com

DANZA CLÁSICA I ( NIVEL INTERMEDIO ) * Grupo de nenos/as de 10anos en adiante con coñecementos previos e novos participantes (martes  a xoves de 12 a 13.30 h).

Imparte o curso a profesora de danza da Escola Municipal de Ballet, Cristina Riveiro.

Lugar :aula de ballet no Conservatorio de Música. Prezo matrícula : 15 €

DANZA CLÁSICA II ( NIVEL AVANZADO): *Grupo de nenos/as de 12 anos en adiante, con coñecementos previos e novos participantes. (martes  a  xoves de 10 a 12 h) .

Imparte o curso a profesora de danza da Escola Municipal de Ballet de Riveira, Cristina Riveiro.

Lugar :aula de ballet no Conservatorio de Música. Prezo matrícula : 20 €

  • Participantes por grupo: Máx. 20
  • * Reservarase un 10 % das prazas para emerxencia social!

Orde de prioridade na reserva da praza en caso de encherse os cupos:

Todos os preinscritos serán seleccionados tendo en conta os seguintes requisitos por orde excluínte de prioridades;

  1. Participantes empadroados no municipio de Riveira (o empadroamento comprobarase administrativamente por parte de persoal municipal).
  2. Orde de inscrición (comprobarase pola data e hora da preinscrición no formulario online).

Listaxes e admisión: . O prazo de formalización da matrícula será do 26 ao 29 de xuño. O día 29 de xuño como data límite publicarase a listaxe definitiva de participantes e os lugares e grupos aos que deberán dirixirse. Participantes por grupo: Mín. 4 – Máx. 20