Obradoiros de inglés, cámara e micro abertos, música electrónica e creación de web series no Espazo Xuvenil en Febreiro

As actividades programadas no Espazo Xuvenil de Riveira na segunda planta do mercado regresan este mes de febreiro con novas propostas gratuítas orientadas aos mozos e mozas con idades entre os 14 e o 19 anos.

Catro serán as actividades previstas durante este mes:

  1. Inglés sen vergonza!”, todos os venres de 18 a 20 horas, que incluirá karaoke, proxección de películas en versión orixinal, charlas coas amizade, etc… todo isto por suposto en lingua inglesa.
  2. Cámara e micro abertos”, sábados 1 e 2 de 17 a 21 horas; gravaranse comentarios sobre actualidade, música, moda, deportes, videoxogos, etc…
  3. Facemos música electrónica”, sábado 9 de 18 a 21 horas, onde se darán a coñecer os fundamentos da xeración de son cun sintetizador analóxico e dixital.
  4. Obradoiro de creación de web series”, venres, sábados e domingos dende o 15 de febreiro, de 17 a 21 horas, e para isto se precisará de guionistas, persoal de produción, dirección, actrices, actores, xente de maquillaxe e vestiario.

Polos demais, o Espazo Xuvenil permanecerá aberto todos os venres, sábados e domingos de 17 a 21 horas.