Obradoiros gratuítos do programa de Dinamización e Promoción Social dos Nosos Maiores.

O Concello de Riveira informa da apertura do prazo para inscribirse nos diferentes obradoiros e cursos gratuítos do Programa de Dinamización e Promoción Social dos Nosos Maiores que impulsa a Concellería de Servizos Sociais correspondentes ao curso 2017 /2018.

Sete son as accións que se van impartir:

  • Estimulación da mente (memoria), que se celebrará nas nove parroquias
  • Reforzo Educativo, impartido polo Grupo de Voluntariado Social e que se celebrará en Riveira, Palmeira, Artes e Aguiño e aqueloutras parroquias que así o demanden sempre que haxa un mínimo de dez participantes.
  • Galego, en Santa Uxía, coa colaboración do Servizo Municipal de Normalización Lingüística
  • Inglés
  • Artes plásticas
  • Bailes de salón
  • Ximnasia, coa colaboración da Concellería de Deportes.

A maiores, estudarase a posibilidade de ofrecer un obradoiro de francés no caso de que haxa demanda.

Os interesados en solicitar máis información ou inscribirse poden facelo ou ben no Departamento de Servizos Sociais situado no edificio Miradoiro de Padín (teléfono 981 874 131 e correo electrónico servizossociais@riveira.com) ou ben na Oficina de Atención Cidadá da Casa do Concello, onde tamén estará a disposición o oportuno impreso.

A inscrición está aberta todo o mes de setembro e unha mesma persoa pódese apuntar a varios obradoiros á vez.

No último curso foron máis de 400 os maiores que participaron neste Programa impulsado polos Servizos Sociais.