Os estudantes de Riveira que cursen ensino oficial fóra do municipio xa poden tramitar os bonobuses que subvenciona o concello.

Os estudantes que están cursando ensinanza oficial regrada noutros puntos de Galicia xa poden tramitar os bonobuses para o curso 2019-2020 que subvenciona o Concello no marco do plan Riveira MOVe.

Dous son os requisitos a ter en conta:

  1. Estar empadroado/a en Riveira
  2. Cursar ensinanza oficial regrada que non se poida estudar en Riveira.

En canto aos destinos subvencionados: Santiago, A Coruña, Ferrol, Ourense, Lugo, Vigo e Pontevedra.

Impreso

O impreso de solicitude de bonobús poderase descargar dende a páxina web do Concello (http://www.riveira.es/wp-content/uploads/2019/08/SOLICITUDE_bonobus_19_20.pdf) ou tamén collelo fisicamente na Oficina de Atención ao Cidadán (OAC).

Xunto co impreso deberá achegarse:

  • Copia do DNI
  • Copia da matrícula do curso 2019-2020

A solicitude deberá ser presentada coa documentación complementaria na Oficina de Atención ao Cidadán (OAC) do Concello de Riveira ou por vía telemática en https://ventanilla.riveira.es/

A autorización conforme poden ir comprar os seus bonos de viaxe co desconto, enviaráselles ás persoas interesadas ao correo electrónico.  Os talonarios de viaxes (bonobuses) retiraranse nas respectivas empresas previa presentación da autorización expedida polo concello.

 

CADRO DE DESTINOS, VIAXES POR BONO E % DE DESCONTO