Os estudantes de Riveira que cursen ensino oficial regrado fóra do municipio poderán solicitar bonobuses a partir do día 1 de outubro

O Concello informa de que a partir deste luns 1 de outubro os estudantes riveirenses que están cursando ensinanza oficial regrada noutros puntos de Galicia poderán solicitar o seu bonobús para o curso 2018-2019.

Dous son os requisitos a ter en conta:

  1. Estar empadroado/a en Riveira
  2. Cursar ensinanza oficial regrada que non se poida estudar en Riveira.

En canto aos destinos subvencionados: Santiago, A Coruña, Ferrol, Ourense, Lugo, Vigo e Pontevedra.

IMPRESO

O impreso de solicitude de bonobús poderase descargar dende a páxina web do Concello  (http://www.riveira.es/o-concello/tramites-en-lina) ou tamén collelo fisicamente na Oficina de Atención ao Cidadán (OAC).

Co impreso deberase achegar:

  • Copia do DNI
  • Copia da matrícula do curso 2018-2019

A solicitude deberá ser presentada coa documentación complementaria na Oficina de Atención ao Cidadán (OAC) do Concello de Riveira ou por vía telemática en https://ventanilla.riveira.es/

A autorización conforme poden ir comprar os seus bonos de viaxe co desconto, enviaráselles ás persoas interesadas ao correo electrónico que faciliten logo da pertinente autorización da Xunta de Goberno Local.  Os talonarios de viaxes (bono bus) retiraranse nas respectivas empresas previa presentación da autorización expedida polo concello.

CADRO DE DESTINOS, VIAXES POR BONO E % DE DESCONTO