PLAN DE ACCIÓN E EMPREGO XUVENIL 2017

O Concello de Riveira pon en marcha o PLAN DE ACCIÓN E EMPREGO XUVENIL 2017: unha iniciativa con consignación orzamentaria propia que está dirixida a favorecer a inserción laboral dos nosos mozos e mozas no noso municipio.

Para que un plan destas características sexa efectivo debe sustentarse sobre dous piares fundamentais: a prestación dunha formación axeitada e o favorecemento de oportunidades reais de inserción laboral. Nunha e noutra liña estamos traballando: por un lado, a través da organización dun congreso e, por outro, da habilitación de bolsas para que a xente nova poida introducirse no mercado de emprego desempeñando un posto temporal nalgunha área da administración.

Á hora de perfilar estas accións precisamos saber con maior concreción cal son as inquedanzas e expectativas dos mozos e mozas de Riveira. Por esta razón acabamos de habilitar esta enquisa anónima para que todo aquel que o desexe nos poida orientar sobre estas cuestións e, moi especialmente, sobre cal é o papel que debe xogar o Concello á hora de combater o paro xuvenil.

CUBRIR ENQUISA (Dirixida a persoas entre 16 e 30 anos)