A Deputación Provincial da Coruña, no marco do Proxecto Eixo_ Estratexia de Inserción Xove do Plan de Emprego Local, oferta formación correspondente ao certificado de profesionalidade de “limpeza de espazos abertos e instalacións industriais”.
Esta forma parte dun itinerario formativo que tamén contempla formación transversal e complementaria en igualdade de oportunidades, lingua estranxeira e novas tecnoloxías, prevención de riscos laborais, sesións grupais e individuais de orientación e desenvolvemento de competencias e habilidades para a inserción laboral.
Lugar e datas de realización:
A formación teórico – práctica realizarase en Muros ou Cerceda.
O inicio da mesma está previsto para mediados do mes de marzo.
Requisitos das persoas candidatas:
Ter cumpridos 16 anos de idade e ser menor de 30.
Estar en situación de desemprego coa tarxeta de demandante de emprego vixente á data do prazo de inscrición (non se admite mellora de emprego).
Estar empadroadas nalgún dos concellos da provincia da Coruña.
Estar inscrita e ser beneficiaria do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
Prazo e lugar de preinscrición:
Ata o 2 de marzo ás 14:00 horas no Servizo de Orientación Laboral do Concello de Ribeira (Lugar de Fafián, 29 – 15960 Viveiro de Empresas).
O envío de candidaturas realizarase por orde de entrada das solicitudes.