PROGRAMA FORMATIVO EN SALVAMENTO E SOCORRISMO ACUÁTICO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

PROGRAMA FORMATIVO EN SALVAMENTO E SOCORRISMO ACUÁTICO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación Provincial da Coruña, no marco do Plan de Emprego Local, oferta un programa formativo de Socorrismo e Salvamento Acuático dirixido á obtención da dobre titulación correspondente aos certificados de profesionalidade de Socorrismo en espazos acuáticos naturais Socorrismo en instalacións acuáticas.

Lugar e datas de realización:

A formación teórico- práctica realizarase no Centro de Formación de Cruz Vermella na cidade de A Coruña e as prácticas profesionais non laborais, en praias de concellos da provincia. Primeiro desenvolverase a formación en espazos naturais con data de inicio prevista para mediados de febreiro e logo da tempada de praias, previsiblemente a finais de setembro, desenvolverase a formación en instalacións acuáticas.

Requisitos das persoas candidatas:

  • Estar inscritas na Oficina de Emprego e coa tarxeta de demandante de emprego vixente á data do prazo de inscrición.
  • Ter cumpridos os 18 anos de idade no momento da inscrición.
  • Estar empadroadas nalgún dos concellos da provincia da Coruña.
  • Estar en posesión dos requisitos formativos para cursar a formación correspondente a certificados de profesionalidade nivel 2: Graduado en ESO ou titulación superior, FP básica, FP1, ciclo grao medio, competencias clave nivel 2, certificado de profesionalida de nivel 1 da mesma familia e área profesional, certificado de profesionalidade de nivel 2, proba de acceso a ciclos, 2º BUP con 2 materias pendentes, entre outros.
  • Condicións físicas: carencia de afeccións crónicas e enfermidades infectocontaxiosas. Integridade física, resistencia, forza, destreza, coordinación visomotriz, axilidade, rapidez de reflexos.

 Prazo e lugar de preinscrición:

Ata o 4 de febreiro ás 14:30 horas, no Servizo de Orientación Laboral do Concello de Ribeira (Lugar de Fafián, 29 – 15960 Ribeira (Viveiro de Empresas).

O envío de candidaturas realizarase por orde de entrada das solicitudes.