Proposicións do pleno ordinario do 23 de febreiro de 2017.

proposición do grupo m. PP PRESENTADA POR HERMINIA POUSO MANEIRO, INTERESANDO QUE O GOBERNO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA, GARANTA QUE O CONCELLO DE RIVEIRA PERCIBIRÁ, COMO MÍNIMO, A TRAVÉS DO NOVO PLAN ÚNICO, OS MESMOS FONDOS QUE RECIBÍA COAS LINEAS DE SUBVENCIÓN QUE EXISTÍAN CON ANTERIORIDADE.

O Pleno do Concello de Riveira, visto o dictamen favorable da Comisión Informativa de Urbanismo, Infraestructuras, Benestar Social e Medio Ambiente, en sesión celebrada o día 20/02/2017, có voto de calidade do Presidente, acorda:

  1.  Que a Deputación da Coruña garanta que o Concello Riveira, como mínimo, non verá reducidos os ingresos que percibiu o ano pasado a través do Plan de Obras e Servizos, o Plan de Acción Social e o Plan de Aforro e Investimentos e 11 liñas de subvencións: cultura, deportes, promoción, económica, turismo, desenvolvemento de servizos sociais, políticas de igualdade, envellecemento activo).
  2. Que a institución provincial se comprometa a incluír na partida orzamentaria coa que arranca o Plan Único dos Concellos os remanentes de tesourería que se vaian xerando ao longo do exercicio económico do 2017.

proposición do grupo m. BNG PRESENTADA POR LUÍS ANTONIO PÉREZ BARRAL, EN RELACIÓN Á CREACIÓN DUNHA TAXA POLA UTILIZACIÓN OU APROVEITAMENTO DO DOMINIO PÚBLICO LOCAL POR PARTE DAS EMPRESAS TITULARES DE INSTALACIÓNS DE TRANSPORTE DE ENERXIA ELÉCTRICA, GAS E HIDROCARBUROS.

O Pleno do Concello de Riveira, visto o dictamen favorable da Comisión Informativa de Facenda, Economía e Patrimonio e Especial de Contas, en sesión celebrada o día 20/02/2017, por unanimidade dos seus membros, acorda:

Iniciar os estudos e xestión necesarias para a tramitación e aprobación, a través da correspondente ordenanza fiscal reguladora, dunha taxa pola utilización ou aproveitamento do dominio público local polas empresas titulares de instalacións de transporte de enerxía eléctrica, gas ou hidrocarburos nos termos das sentenzas do Tribunal Supremo que así o avalan. En estudo.

proposición do grupo m. PSdeG–PSOE PRESENTADA POR MANUEL ANTONIO GARCÍA PÉREZ, INTERESANDO PARTIDA ORZAMENTARIA PARA MELLORAS DE OBRAS NO LUGAR DE DEÁN PEQUENO.  

O Pleno do Concello de Riveira, visto o dictamen favorable da Comisión Informativa de Facenda, Economía e Patrimonio e Especial de Contas, en sesión celebrada o día 20/02/2017, por maioría absoluta dos seus membros, acorda:

Que se dispoña dunha partida orzamentaria, para dotar de peldaños unhas escaleiras no lugar de Deán Pequeno, ou ben cun acabado en pedra, en baldosa hidráulica, ou gres antideslizante; acompañado dunha barandilla para a seguridade e comodidade dos usuarios, sempre que os Servizos Xurídicos municipais certifiquen a titularidade pública das escaleiras. En proceso.

proposición do grupo m. IPdeR PRESENTADA POR ROSA GARCÍA POSE, INSTANDO A QUE A XUNTA ELABORE UN PLAN DE ERRADICACIÓN OU DISMINUCIÓN DA COLONIA DE XABARÍNS.

O Pleno do Concello de Riveira, visto o dictamen favorable da Comisión Informativa de Urbanismo, Infraestructuras, Benestar Social e Medio Ambiente, en sesión celebrada o día 20/02/2017, por maioría absoluta dos seus membros, acorda:

Solicitar á Xunta de Galicia un plan de control ou disminución da colonia de xabaríns, porque cada vez son mais e o dano e superior ano tras ano. Cumprido.

proposición do grupo m. PSdeG–PSOE PRESENTADA POR JOSÉ MANUEL VILAS ÁLVAREZ, EN RELACIÓN AO CAMIÑO VECIÑAL DAS SARREIRAS QUE ENLAZA O LUGAR DO MONUMENTO CÓ LUGAR DA FIEITEIRA.

O Pleno do Concello de Riveira, visto o dictamen favorable da Comisión Informativa de Urbanismo, Infraestructuras, Benestar Social e Medio Ambiente, en sesión celebrada o día 20/02/2017, por unanimidade dos seus membros, acorda:

Que se tomen as medidas axeitadas de mediación para habilitar unha vía entre os lugares das Sarreiras e o camiño do cemiterio de Castiñeiras. Visitada a zona. En proceso.

proposición do grupo m. BNG PRESENTADA POR XOSÉ ANTONIO VÁZQUEZ COBAS, EN RELACIÓN Á REALIZACIÓN DAS XESTIÓNS E OBRAS PRECISAS PARA DOTAR DE SANEAMENTO COMPLETO Ó GRUPO DE CASAS DOS MOSQUEIROS E ERRADICAR AS VERTEDURAS DE AUGAS FECAIS NA PRAIA.

O Pleno do Concello de Riveira, visto o dictamen favorable da Comisión Informativa de Urbanismo, Infraestructuras, Benestar Social e Medio Ambiente, en sesión celebrada o día 20/02/2017, por unanimidade dos membros presentes, acorda:

Que o grupo de Goberno do Concello de Riveira dea prioridade ao problema de saneamento do grupo de casas dos Mosqueiros e inicie os contactos quer cos veciños afectados quer con outras administracións, se fose necesario, a maior brevidade posíbel para acadar unha pronta solución a estas verteduras. Visitada a zona e mantidas reunión con veciños. Redactándose proxecto técnico.