Proposicións do pleno ordinario do 24 de xaneiro de 2017.

PROPOSICIÓN DO GRUPO M. C´S PRESENTADA POR JUAN JOSÉ CHOUZA SAMPEDRO, EN RELACIÓN Á INSTALACIÓN DE CAMBIADORES PARA BEBES EN ASEOS.

O Pleno do Concello de Riveira, visto o dictamen favorable da Comisión Informativa de Servizos Sociais, Promoción Social, Sanidade e Consumo, en sesión celebrada o día 24/01/2017, por maioría absoluta dos seus membros, acorda:

1.- Proceder á instalación de cambiadores para bebés en aseos pertencentes a instalacións municipais sempre que a súa colocación non implique a realización de obras que afecten á estrutura e disposición dos elementos dos devanditos espazos. [Cumprido]

2.- Instar ao Concello de Riveira a que realice unha campaña de concienciación no sector privado da nosa cidade para que se sumen á instalación dos cambiadores sen discriminación algunha. . [Pendente]

3.- Instar áAdministración Provincial e Autonómica a que realice os cambios oportunos nos edificios oficiais. [Cumprido]

PROPOSICIÓN DO GRUPO M. IPdeR PRESENTADA POR ROSA GARCÍA POSE, INTERESANDO MELLORAS NA PARROQUIA DE RIVEIRA.

O Pleno do Concello de Riveira, visto o dictamen favorable da Comisión Informativa de Urbanismo, Infraestructuras, Benestar Social e Medio Ambiente, en sesión celebrada o día 24/01/2017, por unanimidade dos seus membros, acorda:

Amañar as seguintes deficiencias e repoñer as árbores ou tapar os ocos:

1º. Arbores cortados, enfrente ao Golfox, enfrente á panadería Forno de Artes, enfrente á mercería Ramona Regueira (Miguel Rodriguez Bautista) e á altura do Natural Sport. [Cumprido]

2º. Barandillas do Malecón, paseo Carolinas oxidadas en algúns sitios faltan. [En proceso]

3º. Losetas rotas en rúa peonil enfrente a Electrodomésticos Sampedro, na mesma rúa enfrente o Flip. Na entrada peonil de Bandorrio á altura da floristería e indo para o calexón do 14 hai algunhas rotas, enfrente o estanco de Picher hai como un oco a carón nas casas que están todas rotas. [Cumprido]

4º. Papeleiras rotas enfrente o Banco de Santander, faltan papeleiras ao longo do paseo de Coroso. [En proceso]

5º. Bancos rotos na praza Pablo Neruda e case todos en mal estado. [En proceso]

6º. Rúa Correos pavimento roto en mal estado e sucia, o mesmo na rúa que está ó lado do novo mercado. [Pendente]

7º. Bolardos rotos o lado de Atención ao Cidadán, enfrente a Vionta tamén, e na rúa da Igrexa que sube o cemiterio varios rotos. [Cumprido]

PROPOSICIÓN DO GRUPO M.  BNG PRESENTADA POR XOSÉ ANTONIO VÁZQUEZ COBAS, EN RELACIÓN Á REALIZACIÓN DUN ESTUDO DA REDE HIDROLÓXICA DO CONCELLO E Á ELABORACIÓN DUN INFORME DO SEU ESTADO ACTUAL DE CONTAMINACIÓN E CONSERVACIÓN.

O Pleno do Concello de Riveira, visto o dictamen favorable da Comisión Informativa de Urbanismo, Infraestructuras, Benestar Social e Medio Ambiente, en sesión celebrada o día 24/01/2017, por maioría absoluta dos seus membros, acorda:

Instar á entidade Augas de Galicia como autoridade competente a que, de non existir xa, realice un estudo dos ríos e regatos máis importantes do municipio, con especial atención na detección dos focos de contaminación e modificación das súas canles e leitos e as súas posibles solucións, e que nos sexa remitido este análise co obxecto de seren estudado polos grupos municipais da Corporación a efectos de poder actuar alí onde esta administración local sexa competente. . [Cumprido]

PROPOSICIÓN DO GRUPO M.  C´S PRESENTADA POR JUAN JOSÉ CHOUZA SAMPEDRO, INTERESANDO COMISIÓN PARA SEGUIMENTO E CONTROL DOS ACORDOS PLENARIOS E A SÚA PUBLICACIÓN NA WEB.

O Pleno do Concello de Riveira, visto o dictamen favorable da Comisión Informativa de Administración Pública e Relacións Institucionais, en sesión celebrada o día 24/01/2017, por unanimidade dos membros presentes, acorda:

1.- A presidencia da Comisión Informativa de Administración Pública e Relacións Institucionais dará conta, trimestralmente do estado das proposicións aprobadas e redactará unha memoria anual cos acordos aprobados no Pleno, explicando as razóns daqueles que non se levaron a efecto e o prazo no que se prevé o seu cumprimento. [En proceso]

2.- Que dentro da sección de Transparencia da páxina web municipal se inclúa un apartado específico destinado a informar á cidadanía sobre as proposicións aprobadas. [Cumprido]

3.- Esixir ao Sr. Alcalde e ao seu equipo de Goberno, que cumpra e faga cumprir os acordos plenarios. [Cumprido]

4.- En aras de garantir a participación cidadana e o seu dereito á información e máxima transparencia no desenvolvemento das políticas públicas. Dende o portal de transparencia débese permitir que as asociacións, colectivos ou cidadáns interesados podan solicitar, rellenando un simple formulario que recolla os datos mínimos de identificación acorde á L.O.P.D., ser informados mediante correo electrónico sobre o grado de cumprimento íntegro ou parcial a moción. [Cumprido]

PROPOSICIÓN DO GRUPO M. IPdeR PRESENTADA POR JUAN MANUEL REIRIZ LAMPON, SOBRE INSTAR A PORTOS A QUE EXIMA AO CONCELLO DO PAGO POLA OCUPACIÓN DE ESPACIO PARA A CELEBRACIÓN DE ACTOS LÚDICOS.

O Pleno do Concello de Riveira, visto o dictamen favorable da Comisión Informativa de Administración Pública e Relacións Institucionais, en sesión celebrada o día 24/01/2017, por unanimidade dos membros presentes, acorda:

Instar a Portos, a que exima ao Concello do pago pola ocupación de espacio para a celebración de actos lúdicos. [Cumprido]

PROPOSICIÓN DO GRUPO M. C´S PRESENTADA POR JUAN JOSÉ CHOUZA SAMPEDRO, EN RELACIÓN Á COLOCACIÓN DE PANEIS DE LIBRE EXPRESIÓN CIDADANA PARA COLOCACIÓN DE CARTEIS E FOLLETOS INFORMATIVOS.

O Pleno do Concello de Riveira, visto o dictamen favorable da Comisión Informativa de Urbanismo, Infraestructuras, Benestar Social e Medio Ambiente, en sesión celebrada o día 24/01/2017, por maioría simpledos membros presentes, acorda:

1.- Instar ao Concello de Riveira á colocación de paneis de libre expresión cidadana habilitándose estos espazos para a colocación de carteis e folletos informativos por parte da cidadanía, garantizando o uso razoable do dereito á libertade de expresión e información, previo estudio económico de viabilidade. [En proceso]

2.- Instar a que este Concello, en consonancia co seu compromiso democrático de respeto ás libertades civis e de fomento da participación cidadana, sitúe estos paneis informativos de libre expresión nas zonas do municipio de maior tránsito peonil, buscando unha distribución dos mesmos equilibrada entre centro e parroquias. Para iso, propoñerase un plan de paneis informativos para posterior consenso entre os grupos municipais. [En proceso]