Proposicións do pleno ordinario do 24 de abril de 2017

proposición do grupo m. IPdeR PRESENTADA POR ROSA GARCÍA POSE, INTERESANDO MELLORAS NO PARQUE INFANTIL DE ARROCHELA - PALMEIRA.

O Pleno do Concello de Riveira, visto o dictamen favorable da Comisión Informativa de Urbanismo, Infraestructuras, Benestar Social e Medio Ambiente, en sesión celebrada o día 18/04/2017, por unanimidade dos seus membros, acorda:

Amañar no parque infantil da Arrochela en Palmeira os bancos, xogos e fontes, poñer o chan según normativa e eliminar ou sustituir aquelo que poda producir dano os nenos. Eliminar a barreira arquitectónica e poñer a valla que falta. Xestionando a compra de materiais.