Proposicións do pleno ordinario do 27 de marzo de 2017

proposición do grupo m. BNG PRESENTADA POR LUÍS ANTONIO PÉREZ BARRAL, EN RELACIÓN A DEMANDAR UN SISTEMA DE CONCERTO CÓ QUE FINANCIAR OS SERVIZOS PÚBLICOS BÁSICOS EN GALICIA.

O Pleno do Concello de Riveira, visto o dictamen favorable da Comisión Informativa de Educación, Cultura, Xuventude e Deportes, en sesión celebrada o día 21/03/2017, por maioría absoluta dos seus membros, acorda:

Instar ao Goberno do Estado e á Xunta de Galicia a que o financiamento das Comunidades Autónomas e outros entes territoriais non se faga en detrimento das lexítimas demandas que a este respecto teñen os Concellos á hora de poder cumprir coas súas competencias. Cumprida. Instancias enviadas ao Goberno do Estado e á Xunta o 7 de abril.

proposición do grupo m. PSdeG–PSOE PRESENTADA POR JOSÉ MANUEL VILAS ÁLVAREZ, INTERESANDO REDE DE SANEAMENTO NO CAMIÑO VECIÑAL DENOMINADO “CAMIÑO DA LADEIRA” SITO EN PEDRA DO PINO NA PARROQUIA DE CORRUBEDO.

O Pleno do Concello de Riveira, visto o dictamen favorable da Comisión Informativa de Urbanismo, Infraestructuras, Benestar Social e Medio Ambiente, en sesión celebrada o día 21/03/2017, por unanimidade dos seus membros, acorda:

Que os Servizos Técnicos fagan o proxecto de saneamento para o lugar de Pedra do Pino na parroquia de Corrubedo por onde mais casas colla, e tan pronto esté feito darllo a coñecer aos Concelleiros para decidir si cando teñamos a posibilidade de facelo se inclúe, si consideran que é prioritaria ou non. Elaborado anteproxecto ténico. Pendente de consulta cos grupos municipais.

proposición do grupo m. BNG PRESENTADA POR XOSÉ ANTONIO VÁZQUEZ COBAS, INTERESANDO Á REALIZACIÓN DUNHA AVALIACIÓN, POLO ARQUITECTO MUNICIPAL, DO ESTADO XERAL DE CONSERVACIÓN DO CENTRO SOCIAL DE OLEIROS.

O Pleno do Concello de Riveira, visto o dictamen favorable da Comisión Informativa de Urbanismo, Infraestructuras, Benestar Social e Medio Ambiente, en sesión celebrada o día 21/03/2017, por unanimidade dos membros presentes, acorda:

Que se arranxen os defectos e decadencias que a día de hoxe ten o Centro Social de Oleiros para utilizalo para os fins para os que foi creado. En proceso: material de obra encargado e pequeños amaños feitos.

MOCIÓN PRESENTADA POLOSVOCEIROS DOS GRUPOS MUNICIPAIS E CONCELLEIROS NON ADSCRITOS Mª DOLORES ELORDUY CALLÓN E Mª JOSÉ BRIÓN DÍAZ, EN RELACIÓN Á APERTURA DA FARMACIA DE OLEIROS.

O Pleno do Concello de Riveira, vista a moción presentada polos Voceiros dos Grupos Municipais e Concelleiros non adscritos Mª Dolores Elorduy Callón e Mª José Brión Díaz de data 21 de marzo de 2017 (rex entr. 22-03-2017, nº 4.830), en relación á apertura da farmacia de Oleiros, por unanimidade dos membros presentes, acorda:

Instar á Consellería de Sanidade a que inicie un expediente de apertura da farmacia de Oleiros xa que seguen vixentes os argumentos e necesidades de cando se considerou necesario abrila e se subsanarían as carencias. Cumprida. Instancia enviada o 7 de abril á Consellería de Sanidade.