Proxecto de Recuperación da Memoria Fotográfica e Documental do Concello de Riveira: “Cóntame a túa historia”

Dende o Concello de Riveira, a iniciativa da Sala-Museo Municipal en colaboración co Arquivo, estamos a poñer en marcha un novo proxecto no que precisamos da vosa axuda e implicación. Deixándonos levar pola corrente desenvolvida nos últimos tempos en diferentes concellos, organismos, institucións e diversas asociacións de toda Galicia, e sendo conscientes da importancia desta actividade, queremos propoñervos a creación dun Arquivo Fotográfico Histórico que nos axude a reconstruír, conservar e transmitir ás xeracións vindeiras, a memoria colectiva que fai de nós, de Riveira, un lugar único. As nosas tradicións, o noso patrimonio, o noso bo facer, todo iso terá cabida neste espazo creado por e para todos/as, para que poidamos ver como foi medrando a nosa cidade.

FOLLETO INFORMATIVO