“RIBEIRA2 ACADEMY” Novo prazo de inscrición do plan de formación online, con 300 prazas dispoñibles

RIBEIRA2.ACADEMY– AFECTADOS COVID-19

 

 

BASES DO PROGRAMA DE FORMACIÓN

Continuando coas medidas para facer fronte á situación de alarma xerada polo Covid-19, o Concello de Ribeira abre un novo prazo de inscrición do plan de formación online Ribeira2.academy, con 300 prazas dispoñibles en cursos de distintos sectores de actividade.

Con esta iniciativa o Concello de Ribeira pretende seguir apoiando o emprego e a reactivación da economía na nosa zona apostando pola formación para a mellora da empregabilidade.

Inscricións desde o 13 de xullo

Consiste en máis de 500 cursos online en múltiples disciplinas para un total de 300 prazas. O prazo de inscrición comeza o día 13 de xullo e finalizará o día 31 de xullo (ou antes, si se esgotan as prazas dispoñibles). Como requirimentos para realizar esta formación integramente online hai que ser maior de 16 anos, estar empadroado/a en Ribeira.

Para inscribirse, os interesados/as deberán cubrir o “Formulario de SOLICTUDE ALTA CURSOS” dispoñible na web www.ribeira2.academy. Unha vez cuberto o formulario, comprobarase que reúne os requisitos para poder participar, de ser así, a persoa recibirá no correo electrónico o USUARIO e CONTRASINAL de acceso aos seus cursos.

Os tempos de espera poden variar segundo o volume de inscricións.

Como máximo cada usuario poderá escoller dous cursos.

Unha vez inscritos, os usuarios dispoñen ata o 15 de setembro para poder completar a formación que será integramente online e accesible durante as 24 horas do día, calquera día da semana.

Toda a información sobre Ribeira2.academy e as particularidades desta oferta formativa poderanse consultar de forma detallada en http://www.ribeira2.academy unha vez abra o prazo de inscrición.