RIVEIRA MOVe. O plan subvencionado do transporte público de Riveira entra en vigor o luns día 8 de outubro.

A partir deste luns 8 de outubro os usuarios do servizo de autobús no municipio poderanse beneficiar xa das vantaxes que ofrece o Programa de Transporte Público RIVEIRA MOVe en virtude do cal todos os viaxes polo termo municipal terán un custe de 1€ para os usuarios previa adquisición dunha tarxeta moedeiro.

Esta acción ten lugar despois de que se formalizase un convenio entre o grupo Ferrín (A. Sarasquete SL e Hermanos Ferrín SL) e o Concello para subvencionar o transporte público e incentivar o uso do mesmo entre a cidadanía. Solventados os últimos trámites burocráticos, as tarxetas moedeiro xa están á venta no despacho de billetes da terminal de autobuses do Malecón (horario: luns a venres de 10.30 a 12 horas e 19.30 a 20.30 horas). Cada tarxeta ten un custe de 1€ para o usuario e se poderá recargar (non hai importe mínimo de recarga) tanto no citado despacho como no propio autobús.

A tarxetas son válidas tanto para as liñas que pasan por Aguiño, Riveira e Pobra do Caramiñal (dependentes de A. Sarasquete) como de Castiñeiras, Riveira, Corrubedo, Olveira, Artes e Oleiros (Hermanos Ferrín).

Así mesmo, tamén o luns entrará en vigor o plan RIVEIRA MOVe Escolar, específico para estudantes de IES Leliadoura, IES Número 1 e CIFP Coroso. O prezo dos viaxes para os alumnos destes centros será de 0,67€. Cada tarxeta custa 1€ e expídese na terminal de autobús segundo o horario antes especificado.

Centros concertados

RIVEIRA MOVe contempla igualmente accións dirixidas a apoiar o uso do transporte escolar nos centros concertados (Colexio Bayón, Colexio Sagrado Corazón de Jesús de Castiñeiras e Colexio A Milagrosa de Oleiros) en virtude do cal redúcese o prezo en 10€/mes nas unidades familiares cun 1 usuario e en 25€/mes nas unidades con 2 usuarios; mentres que a partir do 3º usuario o transporte é gratuíto.