Riveira, un dos tres municipios galegos escollidos polas institucións da UE para os seus diálogos cos mozos “Cafés con Europa”

"¿Sabías que este ano máis de 15.000 mozos europeos viaxarán por Interraíl de forma gratuíta? ¿Que a campaña de Café con Europa sorteará un viaxe a Bruxelas para dous persoas entre os asistentes aos seus debates? ¿ou que non só os universitarios poden optar a becas Erasmus? Sobre todo isto e moito máis falaremos durante a nosa visita a Riveira".

Con mensaxes coma este as institucións europeas en España pretenden suscitar o interese da xuventude acerca de canto se fai nas instancias comunitarias a prol deste colectivo a través da celebración de encontros coa mocidade en municipios de todo o Estado. Dentro da comunidade galega, Riveira foi xunto con Monforte e Ponteareas un dos tres concellos escollidos este ano para manter este tipo de diálogos, titulados “Cafés con Europa”.

A xuntanza celebrarase o martes 3 de xullo, de 13 a 14.30 horas, no Club Náutico de Riveira. Ademais de falar e debater con representantes europeos de todo o que lles preocupa aos nosos mozos mentres se toman un café se o desexan, os asistentes terán a oportunidade de optar a un viaxe a Bruselas para dúas persoas.

As inscricións para asistir a “Cafés con Europa” pódense formalizar en:

https://www.eventbrite.es/e/entradas-cafe-con-europa-espacio-de-conversacion-para-jovenes-sobre-europa-46646315385.

Hai prazas limitadas.

Non será este o único encontro mantido por representantes das institucións europeas o 3 de xullo. De 17 a 18.30 horas no Salón de Plenos do Consistorio manterase outro encontro baixo o epígrafe “Futuro de Europa. Debate Cidadán” que está aberto a toda a veciñanza e a representantes de asociacións e entidades de todo tipo e no que se falará dun xeito distendido sobre que pasará tras o Breixit e sobre diversos asuntos económicos, políticos e sociais no marco da UE:

Neste caso, para poder participar en “Futuro de Europa” cómpre anotarse en:

https://www.eventbrite.es/e/entradas-futuro-de-europa-espacio-de-conversacion-sobre-europa-46646491913

Información de “Cafés con Europa” en: https://www.cafeconeuropa.eu/

Vídeos: https://www.cafeconeuropa.eu/ultimos-videos/

Fotos: https://www.cafeconeuropa.eu/galeria/

Información de “Futuro de Europa” en: https://www.futurodeeuropa.eu/

Vídeos: https://www.futurodeeuropa.eu/videos/