Rutas guiadas descubrindo o Parque Nacional

 

Este verán o Parque amplia o seu programa de rutas guiadas estivais. Así ademais das xa habituais rutas diarias en Cíes e Ons, organizamos rutas guiadas a Sálvora e Cortegada.

Os martes, venres e sábados a Sálvora dende o porto de Aguiño (14€) e domingos dende o porto da Illa de Arousa (20€).

A Cortegada dende o porto de Carril (10€).

 

Hai que ter praza reservada para participar.

 

Podes informarte, reservar a túa plaza e ver o calendario no seguinte link https://reservasparquesnacionales.es/real/ParquesNac/usu/html/listado-actividades-oapn.aspx?cen=20

 

Na central iranse abrindo as plazas paulatinamente ao longo do verán.

O calendario pode sufrir modificacións e anulacións por razóns meteorolóxicas ou organizativas.

Saúdos e ata pronto.

Pta: a continuación detállanse os detalles de participación

 

 

 

CONDICIÓNS DETALLADAS PARA PARTICIPAR:

 

  • A actividade guiada na illa é gratuíta, pero cada persoa ten que asumir o desprazamento ata o porto de saída e o transporte ao arquipélago. O custe da actividade corresponde unicamente aos custes de transporte a cada arquipélago. O importe abonarase á empresa de transporte o mesmo día da visita antes de comezar o seu servizo. Os participantes deberán levar a súa comida e bebida.
  • A ruta guiada desenvolverase ao longo de toda a mañá, agás nas excursións a Cortegada algúns dos días ofertados  farase pola tarde. O resto do tempo, no caso das rutas a Cíes, Ons e Sálvora será de libre disposición do participante.
  • A reserva da praza débese facer a través da web www.reservasparquesnacionales.es, no apartado de PN Illas Atlánticas, presencialmente na sede administrativa do Parque (rúa Oliva, 3 Vigo) ou ben nas casetas de Información de Cíes e Ons para as rutas do día.
  • Os menores de 18 sempre deberán ir acompañados dun adulto, e por cada adulto participante admitiranse como máximo dous menores ao seu cargo.
  • Nas solicitudes das rutas para adultos son individuais (no caso dos menores debe figurar o nome do responsable).
  • As plazas ofertadas a través da central de reservas iranse abrindo progresivamente a medida que se achegue a data de realización (aproximadamente uns 15 días antes).

 

 

  • No caso de non poder asistir á actividade de Sálvora e Cortegada, deberase anular na web de reservas de PN como máximo 4 días antes á realización da ruta, coa fin de que outras persoas poidan participar. Non anular a tempo (salvo en casos debidamente xustificados), será motivo suficiente para non poder participar noutras actividades organizadas polo Parque Nacional neste semestre.
  • As rutas faranse cun mínimo de participantes; no caso de non acadalo, a dirección do Parque valorará a súa cancelación, avisando previamente a tódolos participantes.
  • O Parque Nacional resérvase o dereito de cancelar a actividade ou modificar os seus horarios en función das condicións meteorolóxicas ou outras causas de forza maior.
  • O Parque enviará un correo aos participantes de cada ruta uns días antes da realización da ruta para confirmarlles a realización e os horarios da actividade.
  • Pódese solicitar máis información ademais de na propia central de resevas, nos seguintes teléfonos:

    Os  luns (de 09:00 a 14:00h): 886 218090.

    De martes a sábados (de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30) e domingos de 11 a 14h: 886218082.

 

Área de Uso Público

Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia

 

Tlf: 886218091 / 886218093

 

 

cartel_verán_17_modi