Sábados de conto na Biblioteca Pública Municipal de Ribeira

Sábados de conto na Biblioteca Pública Municipal de Ribeira

Actividade: Travesías de Raquel Queizás

Data: 30 de marzo, sábado

Hora: 12.00 h

Lugar: Biblioteca Municipal (salón de actos do Centro Cultural Lustres Rivas, anexo á Biblioteca)

Para nenas e nenos de 3 a 12 anos

Entrada libre e gratuíta.

Sinopse:

Agardan por nós viaxes cheas de aventuras nas que coñeceremos a nenas e mulleres bravas que loitaron contra os prexuízos para conseguir os seus soños.

Ata fai moi pouco tempo os contos infantís reflectían un mundo onde os mozos eran sempre os heroes que salvaban a unha débil princesa. E case nunca aparecían mozas decididas e resoltas. Pero agora podemos contar con contos que transmiten valores de igualdade, de respecto e convivencia entre nenas e nenos e entre mulleres e homes.

Mudemos o conto!