Servizo de Bono Bus para estudantes, curso 2017-2018

 IMPRESO DE SOLICITUDE

 

Cadro de destinos, viaxes por bono e % de desconto:

cuadro_bus

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

BONO BUS:

- Os talonarios de viaxes (bono bus) retiraranse nas respectivas empresas previa presentación da autorización expedida polo concello.

 

PARA SOLICITAR O BONO BUS

 

REQUISITOS:

- Estar empadroado/a en Riveira

- Cursar ensinanza oficial regrada que non se poida estudar en Riveira.

DESTINOS:

- Santiago, A Coruña, Ferrol, Ourense, Lugo, Vigo e Pontevedra.

SOLICITUDE:

A solicitude cubrirase no impreso SOLICITUDE_bonobus que está ao seu dispor nesta páxina http://www.riveira.es/o-concello/tramites-en-lina/. O impreso estará tamén ao dispor na Oficina de Atención ao Cidadán (OAC) do Concello de Riveira.

Co impreso deberá achegar:

- Copia do DNI

- Copia da matrícula do curso 2017-2018

PRESENTACIÓN:

Presentará a solicitude coa documentación complementaria na Oficina de Atención ao Cidadán (OAC) do Concello de Riveira ou por vía electrónica https://ventanilla.riveira.es/

AUTORIZACIÓN:

A autorización, que deberá presentar nas compañía de transporte para retirar o seu bono bus, enviaráselle ao correo electrónico que vostede indique na antedita solicitude.

A autorización é válida só para o número de viaxes que solicita, cada renovación do bono bus precisa unha nova autorización do Concello que vostede deberá solicitar.

O bono bus é só válido para o curso 2017-2018.

(Aprobado na Xunta de Goberno Local do día 07/09/2017)