Escola Municipal de Ballet

A historia de Ballet de Riveira comeza por man do Concello .

No  ano 1997 a Concellería de Cultura e Festexos crea a Escola Municipal de Ballet co obxectivo de que rapaces adquiran formación e disciplina a través desta arte.  Nestes últimos anos tanto a escola de ballet como o resto de programación dancística experimentou un gran crecemento no concello. Actualmente a concelleira de Cultura e Festexos Elvira Pisos Arnoso , dirixe un  proxecto único na comarca do Barbanza, chegando este a confirmarse cunha programación anual de gran percorrido.

Ballet, forma de danza teatral que se desenvolve na Italia do renacemento(1400-1600). A técnica do ballet consiste en posicións e movementos estilizados que se foron elaborando e codificando ao longo dos séculos dentro dun sistema ben definido, aínda que flexible, chamado ballet académico ou danza de escola. A palabra ballet tamén se aplica á agrupación de artistas que o representan. Cada composición está acompañada pola música, o decorado e o vestiario. .

A actividade da Escola Municipal de Ballet basease na execución dun programa de ensinanza de Ballet Clásico dirixido a alumnos que queiran iniciar por primeira vez esta actividade extra escolar, así como para os alumnos que pola súa experiencia en anos anteriores, queiran continuar cursando estudios na especialidade elixida.

O enfoque da escola para a ensinanza da danza, consiste non só nos temarios específicos da especialidade senón tamén na aplicación de técnicas profesionais para o tratamento do concepto artístico.

A disciplina no Ballet Clásico é unha das características básicas da aplicación de técnicas de ensinanza, proporcionando ó alumno unhas regras básicas de comportamento, puntualidade, hixiene que son sen dúbida un elemento importante a considerar polo alumno e polas súas familias ou titores para a elección da Escola Municipal de Ballet como unha actividade que garantise non só unha ensinanza de calidade senón tamén unha formación básica para o futuro comportamento social dos alumnos.

O obxectivo da Escola Municipal de Ballet é dar a formación de base para a práctica da danza. Tamén ten como obxectivo proporcionar un servizo educativo e formativo de calidade, promover  e fomentar a autonomía do alumnado para que a súa capacidade de expresión dancística adquira a calidade artística necesaria que lles permita acceder ao grao profesional no mundo da danza.

Programa anual e outras informacións:

  • Clases abertas para pais de decembro a Abril.
  • Pases de DVD co obxectivo de conseguir un coñecemento máis amplo de mundo da danza.
  • Semana da Danza (DID , Celebración día Internacional da danza )
  • Festival de Fin de Curso en Xuño.
  • Preparación proba de acceso a Conservatorios danza.
  • Obradoiro de Verán en danza en Xullo.
  • Clase aberta fin de Obradoiro en danza .

 

Lugar de ensino

Aula de Ballet no Conservatorio Municipal de Música

Rúa miguel rodríguez bautista,s/n 981 87 32 04

 

 Docente da Escola Municipal de Ballet de Riveira

Dª Mª Cristina Riveiro Ferreirós

 

Lugar de Información e Matriculación :

Escola Municipal de Ballet de Riveira.

Oficina de danza do Conservatorio de Música de Riveira 981 87 32 04

Luns a Venres de 10 a 13 h

Prazo de preinscrición do 2 ao 17 de agosto de 2017

Matricula a partir do 25 de setembro.

Correo: danza@riveira.com