Grupos Municipais de Teatro

Despois do inicio da actividade de teatro, comezada no mes de Abril de 1997 cun curso de iniciación promovido dende a Concellería de Cultura e Xuventude, a Escola Municipal de Teatro arranca no curso 1998-1999 coa matriculación dos alumnos que, ó mesmo tempo conformaban o Grupo Municipal de Teatro. Dende os seus inicios está dirixida por Segundo Durán Guillán, “Chiki”.

Paralelamente, créase tamén a Escola Municipal Infantil de Teatro para acoller a todos aqueles nenos e nenas que tiñan as miras postas na realización dun proxecto escénico como unha das súas inquedanzas personais.

Coa incorporación, en xaneiro de 1998, do Grupo de Teatro da Terceira Idade á Escola Municipal, consolídase un elenco de 20 actores e actrices cuias idades oscilan entre os 17 e os 76 anos, cubrindo un abano de idades entre ambo-los dous extremos.

Ó longo do citado ano 1998 estréanse catro montaxes teatrais:

  • ANTOLOXÍA (Recital de Federico García Lorca)
  • SICUTRY (Drama curto nun só acto)
  • VELORIO (Peza curta nun só acto)
  • ACHADO DO CASTRO (Comedia de Manuel Nuñez Singala)

engadidos ós proxectos puntuais que complementan as actividades promovidas dende a Concellería de Cultura como por exemplo:

  • Representación do Belén no Nadal dos anos 98,99, e 2000
  • Participación dos distintos festivais e mostras de Música e Danza
  • Representación da PAIXON E MORTE DE CRISTO na Semana Santa

No verán do ano 1999, con motivo dunha viaxe realizada a Murcia para complementar deste xeito un intercambio cultural, estrea un conto para nenos titulado “ALI BABÁ E A PRINCESA TONTINA”

Xa no outono do mesmo ano 99, dentro da Mostra anual de Teatro, o Grupo Municipal estrea a obra “A BARCA SEN PESCADOR” de Alejandro Casona.

Comemorando o 50 aniversario do pasamento de Castelao, en xuño de 2000, estréase “COUSAS” cunha posta en escea que sorprende pola súa orixinalidade creando expectación nas distintas localidades onde se representa como é o caso de Pobra ou Noia.

No mesmo ano 2000, pero xa en novembro, o Grupo desprázase á vila tinerfeña de Adeje, como intercambio de hirmandade co grupo de teatro da vila referida, para participar no IV Festival de teatro organizado en dita localidade.

En Decembro do mesmo ano, estréase o conto de Nadal “Os saquiños de amor”, orixinal do director do grupo, Chiki, no que forman parte un total de 35 persoas componentes do Grupo Municipal de Teatro e os alumnos da Escola Municipal Infantil .

A partires diste ano, o grupo comeza a facer intercambios cos distintos grupos aleccionados que poden proporcionar saídas, participando nas Mostras e Festivais de teatro realizadas na nosa xeografía. Así por exemplo, visita distintas localidades como Noia, Boiro, Camariñas, Pobra, Vilagarcía, etc.

Xa nos anos que van dende o 2000 ata o 2006, estrenase distintas montaxes como por exemplo:

  • “O SEGREDO DAS MULLERES”
  • “POR NOSOTRAS”
  • “LA CASA DE BERNARDA ALBA”

Resalatar, como non, que a participación do Grupo Municipal de teatro nas distintas Mostras programadas na nosa cidade é fiel, pechando anualmente dito evento como anfitrións.

Actualmente, o grupo está composto por un total de 26 actrices e tres actores.

PROGRAMACIÓN ANUAL DE TEATRO

Dentro das distintas programacións culturais do ano promovidas pola Concellería de Cultura e Festexos, inclúense distintos eventos teatrais dependendo da data de celebración e o motivo da programación, asi por exemplo, acompañan actuacións puntuais de teatro dirixidas preferentemente ós nenos e nenas do concello as seguintes datas:

  • Programa de Nadal (datas soltas durante as vacacións de inverno)
  • Entroido

E como programacións fixas de teatro, anualmente celébranse dúas convocatorias dirixidas a públicos dispares.

A derradeira semana do mes de Maio a Mostra anual de Teatro Infantil na que participan os distintos grupos de teatro dos colexios da cidade, ademáis do Grupo Municipal Infantil, e a Mostra de Teatro Profesional e Aleccionado que se leva a cabo tódolos venres dos meses de Outubro, Novembro e principios de Decembro, dirixida espcialmente a un público de idades superiores a 13 anos